Home / Sociedad / Educación / Neda da luz verde ao expediente de contratación das obras da Escola Infantil

Neda da luz verde ao expediente de contratación das obras da Escola Infantil

FERROL360 | Sábado 17 xaneiro 2015 | 12:19

A Xunta de goberno local de Neda aprobou o expediente de contratación das obras de acondicionamento da primeira Escola Municipal Infantil do municipio. O seguinte paso será a publicación do documento no Boletín Oficial da Provincia, trámite que abrirá o proceso de adxudicación e se estima que conclúa neste mes de xaneiro.

Os traballos, orzamentados en 182.000 euros, sairán a concurso público e serán financiados ao 100 % pola Consellería de Benestar e Traballo, despois da recente sinatura dun convenio de colaboración entre o departamento autonómico e o Concello. A actuación levarase a cabo na antiga Escola unitaria do Empedrón.

O proxecto elaborado polos servizos técnicos municipais contemplan o acondicionamento das dúas prantas, baixa e primeira. En total, 264,62 metros cadrados construidos e 218,85 útiles. A pranta baixa constará dunha aula de preto de 40 metros cadrados para nenos de cero a un ano; unha aula múltiple de algo máis de 32 metros; un aseo adaptado; cociña para preparar almorzos, comidas e merendas; un cuarto para os carriños e máis o hall de entrada.

A estes espazos súmase o necesario para o ascensor. Así mesmo, a pranta alta disporá de dúas aulas, unha para nenos de un a dous anos e outra para rapaces de dous a tres; un cuarto de máquinas; dous aseos adaptados, o cuarto de administración e hall.

En paralelo, o alcalde de Neda avanza que tamén se sacará a licitación a xestión, xa que a pretensión é que a xestión sexa privada. Deste xeito, pode iniciar a súa actividade tan pronto vaian concluíndo os procesos administrativos, sen necesidade de ter que esperar ao mes de setembro.

Os pequenos de Neda terán preferencia absoluta. E, nesta liña, o alcalde sinala que a día de hoxe estímase unha demanda de entre 10 e 12 nenos e que as prazas previstas serán 41. Así mesmo, explicou que no seu momento estableceránse axudas e descontos en función tamén da situación económica das familias solicitantes.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies