Home / Deportes / Neda dará a coñecer a súa oferta deportiva e cultural con xornadas abertas

Neda dará a coñecer a súa oferta deportiva e cultural con xornadas abertas

FERROL360 | Sábado 8 setembro 2018 | 20:47

O goberno de Neda organiza xornadas de portas abertas para coñecer a súa oferta deportiva e cultural durante todo o mes de setembro. As actividades darán comezo o próximo martes día 11.

Deste xeito todas as persoas interesadas en iniciarse en algún deporte ou en tomar contacto cunha actividade creativa poderán participar gratuitamente nas distintas disciplinas.

No terreo deportivo os interesados teñen a oportunidade de ir a clases de pilates ou zumba, practicar ximnasia de mantemento e terapéutica e facer uso do ximnasio. No terreo cultural a oferta son obradoiros de memoria así como os talleres de teatro que forman parte da oferta cultura de Neda dende o curso pasado.

Para consultar toda a programación do Concello que está a piques de comezar é necesario pasar polas polas oficinas do centro cívico Ramón Millarengo sita na rúa Xeral Morgado, número 24 en horario de luns a venres en horario de 10:30 a 13:30 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*