Home / Ferrol / Neda / Neda despedirá este sábado a un grupo de doentes de diabetes que viaxan a pé ata Santiago

Neda despedirá este sábado a un grupo de doentes de diabetes que viaxan a pé ata Santiago

FERROL360 | Venres 14 xuño 2019 | 10:02

Neda será o punto de partida da peregrinación a Santiago de Compostela, pola ruta do Camiño Inglés, organizada pola Fundación para la Diabetes. Unha actividade na que participará un grupo de 100 doentes de diabetes.

A saída producirase sobre as 8.30 horas das inmediacións da igrexa de Santa María e está previsto que acuda o alcalde en funcións, Ángel Alvariño Saavedra, para despedir e desexar bo camiño ás persoas participantes.

A iniciativa, denominada «Camina por la diabetes», ten por obxectivo demostrar que cun control regular e uns hábitos de vida saudable se pode superar calquera reto, aínda que para isto sexa necesario estar preparándose desde o pasado mes de xaneiro, tal e como foi o caso deste grupo de doentes de diabetes do tipo 1 e 2.

As persoas participantes, que sempre estarán baixo vixilancia médica, queren facer das súas gañas de superación un exemplo a seguir para as persoas, teñan ou non diabetes, según indican desde a organización.

A distancia á cidade do Apóstolo cubrirase nun total de cinco etapas, polo que a chegada a Santiago producirase o próximo mércores, día 19 de xuño.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies