Home / Cultura / Neda e San Sadurniño poñen en marcha programas e clube de lectura para pequenos e maiores

Neda e San Sadurniño poñen en marcha programas e clube de lectura para pequenos e maiores

FERROL360 | Venres 18 setembro 2015 | 15:28

Os Concellos de Neda e San Sadurniños poñen en marcha diferentes iniciativas no ámbito para lectura dirixidas no primeiro caso aos peques da casa e no segundo aos maiores. Así, en Neda desenvolverán o programa LerContaMoito e en San Sadurniño reeditan o clube de lectura.

O alumando dos CEIPs San Isidro e Maciñeira de Neda poderán participar no programa LerContaMoito, que se desenrrolará na Casa da Cultura durante tres sesións ás 12.00 horas. A primeira será o luns 21 de setembro a cargo da Asociación Cultural Lisistrata coa representación de «Contando en feminino», dirixida ao alumando de 4º, 5º e 6º de primaria.

A segunda será o luns 28 de setembro a cargo de Pinga Teatro coa representación de «O Recuncho dos Contos», dirixidaao alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria. A terceira será o luns 5 de outubro a cargo de Raquel Galavís co seu «Contacontos», dirixido ao alumando de infantil.

Por outra banda, os máis pequenos poderán disfrutar de «Palma repalma. Contos para bebés» de Pavís Pavós, o sábado 17 de outubro ás 18.00 horas na biblioteca infantil. A cita está orientada a bebés de 0 a 3 anos e ás súas familias.

Clube de lectura de San Sadurniño

O clube de lectura da Biblioteca Municipal retoma a súa actividade e mantén a dinámica do ano pasado: fíxase un día para reunirse e elixir o libro que se vai ler, márcanse os capítulos que se lerán durante a semana e, na seguinte xuntanza, fálase e opínase unicamente sobre o que se acordou ler.

Os interesados en participar só teñen que acudir á Biblioteca, en horario de 15.30 a 20.30 horas de luns a venres, e apuntarse. Tamén poden contactar a través da páxina en Facebook Lendo en San Sadurniño. As persoas participantes acordarán as datas de reunión e os horarios tan pronto como se forme o grupo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies