Home / Actualidad / Neda emprega a once persoas para a recuperación de lavadoiros e reparación de beirarrúas

Neda emprega a once persoas para a recuperación de lavadoiros e reparación de beirarrúas

Ferrol360 | Mércores 26 xullo 2017 | 10:20

O Concello de Neda contratou a once persoas para a recuperación de lavadoiros e reparación de beirarrúas da vila con cargo ao Programa de Integración Laboral (PIL) da Deputación da Coruña. O goberno local prevé un investimento total de 40.000 euros para estas actuacións.

Unha das primeiras accións nas que traballou a cuadrilla foi a recuperación do lavadoiro do Roxal, que loce un aspecto totalmente renovado. Ademais, hai uns días os operarios comezaron a traballar na reposición do pavimento deteriorado das beirarrúas coa fin de evitar posibles accidentes.

Na actualidade, a cuadrilla de operarios está a traballar na mellora do lavadoiro situado na zona de Mosteirón. Desde o goberno local indican que o Concello aporta o material necesario para realizar as obras, mentres que a Deputación se fai cargo da contatación dos traballadores, na súa maioría persoas maiores de 45 anos.

O Programa de Integración Laboral comezou en Neda o pasado día 3 de xullo e prolongarase ata os primeiros días do próximo mes de novembro.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies