FERROL360 | Venres 6 febreiro 2015 | 14:50
Conscientes da necesidade que teñen os emprendedores de contar con todo o asesoramente ao seu alcance, o Concello de Neda porá en marcha un servizo de asesoramento gratuíto para os veciños que teñan en mente emprender.
Con todo, a posta en marcha deste servizo está supedita á posible demanda. Así, desde o Concello abren un prazo para que os emprendedores interesados se poñan en contacto e soliciten a súa participación no programa. O prazo arranca este venres e se estenderá ata finais de mes.
A petición do servizo pode realizarse presencialmente na primeira pranta da casa consistorial, preguntando polo técnico de Desenvolvemento Local, ou ben por teléfono no 981 38 00 39 (extensión 4).