Home / Actualidad / Neda garantirá o abastecemento de auga durante todo o ano coa concesión das captacións en Rabadeña

Neda garantirá o abastecemento de auga durante todo o ano coa concesión das captacións en Rabadeña

FERROL360 | Venres 27 xullo 2018 | 9:52

Augas de Galicia vén de outorgar ao Concello de Neda a concesión de dúas captacións de auga en Rabadeña. Unha concesión que permitirá ao Concello garantir o abastecemento de auga durante todo o ano a un total de 37 núcleos de poboación da villa.

A solicitude para esta concesión foi presentada en decembro de 2015 polo goberno local co claro obxectivo de garantir a subministración de auga ao conxunto da poboación local durante todo o ano e ata en situación de seca. A vixencia do permiso é por vinte anos.

O alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, sinalou que o acordo da Xunta representará «un aforro de gasto enerxético para as arcas públicas e unha mellora considerable para a veciñanza pola alta calidade da auga». Trátase de dous captacións que, mediante o principio de gravidade, serán canalizadas ata un depósito desde o que serán distribuídas a máis de 30 núcleos de poboación da parroquia de Santa María.

Cun investimento que rondará os 30.000 euros, o Concello poderá facer uso dun caudal diario de 200 litros, o que supón un volume máximo anual de 153.024 metros cúbicos para o abastecemento dunha poboación superior aos 2.000 habitantes.

O orzamento irá destinado ao soterramento das canalizacións por vías públicas para trasladar un caudal medio de 5,06 litros por segundo ata o depósito de propiedade municipal, así como para a compra e posta en funcionamento do filtrado en continuo que garante o caudal e a calidade da auga sen necesidade de interromper o proceso da EDAR.

A concesión agora outorgada por Augas de Galicia leva implícita a autorización para a realización das obras que o goberno municipal prevé iniciar de seguido.

A inspección e vixilancia dos traballos previstos correrán a cargo de Augas de Galicia, mentres que a administración local será responsable das condicións de potabilidade das augas, debendo realizar as análises, controis e tratamentos necesarios de acordo coa normativa técnica-sanitaria vixente.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies