FERROL360 | Xoves 21 febreiro 2019 | 9:36
O Concello de Neda conmemora o Día de Rosalía de Castro coa celebración este venres de intervencións teatralizadas en torno á súa figura. Baixo o título Sempre Rosalía, a compañía Producións Dispersas porá en escea a súa obra teatral en diversos puntos da vila.
A actriz Ana Ponte, caracterizada como a célebre poeta, e o actor Diego Freire irromperan nas instalacións da biblioteca iniciando un diálogo, protagonizado por poemas de Rosalía e doutros autores, cos que se homenaxea á súa figura e se destaca o papel que ocupa no mundo da cultura.
A función, de entrada libre, dará comezo ás 12.00 e terá unha duración de vinte minutos. A actividade tamén se trasladará ao longo da mañá aos CEIPs San Isidro e Maciñeira.