Home / Ferrol / Neda / Neda organiza un obradoiro dirixido a mozos para aprender a falar en público

Neda organiza un obradoiro dirixido a mozos para aprender a falar en público

FERROL360 | Mércores 29 outubro 2014 | 10:43

O obradoiro «Aprende a falar en público», que promove a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, ensinará aos participantes a preparar un discurso, a transmitir ideas, a importancia da comunicación non verbal ou a actitude do orador.

O taller terá lugar o 6 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Neda. Trátase dunha acción pensada especialmente para estudantes, profesores, xornalistas, opositores, oradores eventuais e, en xeral, para calquera persoa con ganas de mellorar a súa capacidade persuasiva e as súas dotes para falar en público.

Así, os interesados en participar neste obradoiro, completamente gratuíto, poden anotarse dende xa na casa consistorial de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies