Transporte escolar (foto: DGT)
O Concello de Neda non acaba de estar satisfeito co plan de explotación de transporte de viaxeiros por estradas da Xunta de Galicia. A pesares de aplaudir a ampliación da liña do porto ata a zona do Puntal, Neda considera que a Dirección Xeral de Mobilidade debe prestar atención a outras conexións para unir ao casco urbano e o rural, así como con outros municipios.
Deste xeito, o goberno municipal acaba de presentar as súas alegacións ao proxecto de explotación da Xunta, que está en exposición pública. Estas demandas son a conexión dunha liña que conecte As Neves coa Praza de Galicia e outra á altura de Fene coincidindo co horario de entrada e saída dos estudantes dos centros educativos.
Neda considera que estes servizos poderían ser útiles tanto para a súa veciñanza como para os residentes doutros municipios coma Fene e arredores, xa que permitiría a conexión entre diferentes puntos, Neda incluído.
No caso da conexión entre As Neves e a Praza de Galicia, o Concello propón corrixir as limitacións deste transporte para que a xente do rural poida desprazarse, en especial en horario de mañá, xa que segundo os responsables municipais «se lles está a privar dun servizo básico para acceder aos recursos asistenciais e de ocio do concello ou doutras zonas da comarca».
Totalmente de acordó ,pero falta Unha importantísima.unha liña de cercanías de tren electrificado entre as poblacións de dePontedeume ,Fene ,Neda e Ferrol cada hora.Estamos no 2019 e Temos un retraso con uotros sitios como Vitoria, Valencia , Bilbao, zonas de Catalunya e zonas de Madrid a 100 anos de atraso.Seguido votando a os de sempre e así o rincón de España más atrasado con o de Extremadura.