Ferrol360 | Venrres 11 agosto 2017 | 9:51
O Concello de Neda sacou a contratación as obras de mellora dos camiños de Viladonelle, Rabadeña-Gunduriz e Costa da Silva-Gunduriz. Unha actuación que ten un orzamento de 164.000 euros, que se financiará con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) Plus da Deputación da Coruña.
Este plan, que unifica varios programas de axudas, permitirá intervir en case 3.400 metros de infraestrutura viaria. Unhas obras que o goberno de Neda espera levar a cabo antes da chegada do mal tempo.
Desde o Concello sinalan que «o acondicionamento das vías de comunicación é unha inversión priori taria nun municipio con máis de 23 quilómetros cadrados de superficie e unha población que non chega aos 5.200 habitantes».