Home / Cultura / Neda retoma este mércores os programas de fomento da lectura

Neda retoma este mércores os programas de fomento da lectura

FERROL360 | Martes 14 outubro 2014 | 11:18

A Biblioteca Municipal de Neda retoma este mércores os programas de fomento da lectura «Lesme un conto?» e o Clube de Lectura para maiores de 14 anos. Para o primeiro non é preciso inscripción previa, mentres que para o segundo hai que incribirse na Casa da Cultura. Ambos os dous son gratuítos.

«Lesme un conto?» está dirixido ás familias, de xeito que os pequenos irán acompañados dos seus pais ou avós e len e escoitan diferentes narracións baixo a dirección da animadora sociocultural. As sesións celebraranse en mércores alternos a partires das 18:00 horas.

O Clube de Lectura para adultos comeza ás 19:00 horas e as reunións serán mensuais. Nelas establécese un debate e análise en torno ao libro seleccionado.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies