Home / Actualidad / Neda urxe á Xunta e ao Estado a emitir os informes sectoriais aínda pendentes do PXOM

Neda urxe á Xunta e ao Estado a emitir os informes sectoriais aínda pendentes do PXOM

FERROL360 | Venres 8 febreiro 2019 | 10:00

O goberno de Neda urxe á Xunta e mesmo ao Estado a emitir os informes sectoriais que restan para avanzar na tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. A demanda responde a un acordo adoptado por unanimidade na última comisión informativa de Urbanismo e obedece á necesidade de axilizar a redacción dun plan para inmediatamente despois abrir un novo procedemento de contratación.

No seu día, o Concello viuse na obriga de rescindir o contrato que tiña coa empresa Altais polos problemas económicos que estaba a atravesar. Entre os informes aínda pendentes atópanse os que deben emitir Augas de Galicia, a Dirección Xeral de Medio Rural de Montes, Portos de Galicia e Fomento. Algunhas asociacións e ata o Obispado tamén están chamados a participar no proceso.

Desde o goberno local se recoñece que o PXOM segue a ser unha prioridade para o Concello de Neda, ao tempo que tamén se recorda o atranco que supuxo para as previsións iniciais do Concello o feito de ter que rescindir o acordo coa empresa inicialmente contratada.

A día de hoxe, a administración local dispón dun documento que no mes de setembro do ano 2014 resultaou aprobado, de maneira provisional, pola corporación municipal. Por esta razón, o executivo local considera urxente axilizar ao máximo todos os trámites para que o municipio poida dispoñer dun plan que se axuste ás súas características e contribúa ao futuro social e económico de Neda.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies