Home / Cultura / Noites na Capela inaugura setembro co concerto de César de Centi

Noites na Capela inaugura setembro co concerto de César de Centi

O cantautor coruñés César de Centi actuará este xoves na capela do Torrente Ballester (Foto: Cedida)

O cantautor coruñés César de Centi actuará este xoves na capela do Torrente Ballester (Foto: Cedida)

FERROL360 | Mércores 4 setembro 2013 | 19:31

Despois dun mes de vacacións, a tenue luz da capela do Centro Cultural Torrente Ballester volve acenderse para celebrar un xoves máis o ciclo de concertos Noites na Capela. Esta vez, o responsable de encher con música o local ferrolán, é o cantautor coruñés César de Centi.

Con máis dunha década de carreira musical, este artista comprometido leva recorrido moitos locais da nosa xeografía. Realizou numerosas colaboracións en concertos e discos de outros artistas, participou en festivais da canción de autor e a súa vena solidaria reflíctese no compromiso que adquire actuando en campañas e concertos para diferentes oenegués.

Considérase un afortunado de ter compartido escenario con artistas como Gustavo Almeida, Marwan, Tontxu , ou o seu querido Carlos Chaouen. Actualmente prepara o seu novo traballo discográfico en solitario, La luz de los gigantes, no que volverá a contar con importantes colaboracións.

A entrada custa 3 euros e pode adquirirse no teléfono 981 944 245 ou nas taquillas do Teatro Jofre e do propio Centro Torrente Ballester. A actuación dará comezo ás nove da noite.

Próximos concertos

A capela do Torrente Ballester acollerá proximamente os concertos de Emilio Rúa, Vodevil e Marcos Mella. Os xoves 12, 19 e 26 de setembro respectivamente.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies