Home / Cultura / ‘Noites na Capela’ pecha o mes de outubro coa actuación de Balakandra

‘Noites na Capela’ pecha o mes de outubro coa actuación de Balakandra

FERROL360 | Xoves 31 outubro 2013 | 11:31

Andan a xirar o seu disco por toda Galicia e xa son poucos os recunchos que lles quedan por visitar. Están dando a coñecer o seu primeiro álbum, que recibe o mesmo nome que a banda, e este xoves fan unha parada en Ferrol para actuar no Centro Cultural Torrente Ballester.

Balakandra é un grupo que naceu en San Sadurniño no ano 2004, creado no seo do mítico Saraibas. Eles son Martín Sanjurjo (guitarra, dobro, mandolina e voz); Amparo Calvo (percusións e voz), Abel Leonardo (guitarras acústica e eléctrica), Rubén Lamas (baixo); Manuel Dopico (voz, guitarras acústica e clásica); Alejandro Rey (batería e percusións). Un conxunto heteroxéneo, formado por xeracións diferentes pero con algo en común: ofrecer música galega de calidade con letras comprometidas e libres de amarrarse a un só estilo.

Percorren o blues, o folk, o rock, o country… dando como resultado unha mestura agradable que engancha a tódolos públicos.

Esta mesma noite, teremos ocasión de velos en directo a partires das 21:00 horas na capela do Torrente Ballester. As entradas custan 4 euros e pódense adquirir de maneira anticipada no despacho do teatro Jofre ou a través da web do Concello de Ferrol.

O grupo Balakandra actuará este xoves ás 21:00 horas na capela do Torrente Ballester (Foto: cedida)

O grupo Balakandra actuará este xoves ás 21:00 horas na capela do Torrente Ballester (cedida)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies