Home / Opinión / De quen vés sendo? / Non á guerra #NonNoNosoNome

Non á guerra #NonNoNosoNome

CELSO POSADA | De que vés sendo? | Luns 30 novembro 2015 | 12:16

Este pasado sábado 28 de novembro moitas persoas nos concentramos e manifestamos en distintas cidades en contra da guerra, dos recortes nos nosos dereitos e das nosas liberdades, da Islamofobia, da intervención militar en Siria en defensa dos dereitos humanos, da democracia, das liberdades e para amosar o noso profundo rexeitamento, a nosa mais enérxica repulsa e condena do infame e miserable atentado terrorista en París.

Saímos as rúas a dicir alto e claro que queremos convivir en paz, que non queremos guerras, que queremos que Siria unicamente causaría moitas mortes, dor e sufrimento de persoas inocentes da sociedade civil siria.

Tamén para dicir que a democracia, as liberdades e os dereitos humanos non se defenden nunca coas guerras, cos bombardeos, intervindo militarmente nos países e matando e causando moita dor, sufrimento de persoas inocentes da sociedade civil que non teñen culpa de nada .

A democracia, as liberdades, os dereitos humanos se defenden cortando as vías de financiación dos grupos terroristas, prohibindo a venda de armas e investigando que países e gobernos venden armas e se lucran financiando os grupos terroristas. Acabando co secredo bancario e cos paraísos fiscais, investindo nos servizos públicos, no Ensino e na Sanidade públicas, fomentado un Ensino Público de calidade, universal e gratuíto que eduque en e para paz, incrementando os investimentos en Cooperación e Desenrolo, fomentando políticas públicas de inclusión, de igualdade ,de acollida e de integración das persoas migrantes, refuxiadas para acabar coa desigualdade social e coas inxustizas provocadas por un sistema capitalista, depredador, neoliberal e mercantilista e polas políticas neoliberais e de recortes de gobernos neoliberais, conservadores e social liberais que están o servizo dunha minoría privilexiada, das grandes multinacionais e das grandes empresas armamentísticas que se lucran e que aumentan as súas ganancias e as súas fortunas e privilexios a costa de provocar guerras e da vida, do sufrimento, das mortes de persoas inocentes da sociedade civil respecten os dereitos humanos e a dignidade das persoas.

Unha intervención militar en Siria unicamente causaría moitas mortes, dor e sufrimento de persoas inocentes da sociedade civil.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies