FERROL360 | Luns 5 outubro 2015 | 12:30
Queres aprender a distinguir os cogumelos? Saber que variedades son comestibles e diferencialas das venenosas e das que non teñen valor culinario? Apúntate ás II Xornadas de iniciación á micoloxía que organiza a entidade Nordés Faladora.
José Luis Cuba será a persoa encargada de impartir as leccións nas que os participantes tamén aprenderán como coller os cogumelos para garantizar o seu futuro. Así, haberá unha sesión teórica previa no Concello de Mañón este xoves ás 20:00 horas e o sábado unha práctica ás 7:30 horas polos montes da bisbarra.
A actividade rematará cunha degustación de diferentes cogumelos no Mesón O Malecón de Ortigueira ás 21:00 horas. O curso ten un prezo de 15 euros e a degustración de 10. As prazas son limitadas e hai que inscribirse no teléfono 653.756.454 ou no correo: enderezoasociacion.nordes@gmail.com.