Home / Deportes / Ciclismo / Nova marcha ciclista este domingo en Ferrol con 10 quilómetros de percorrido

Nova marcha ciclista este domingo en Ferrol con 10 quilómetros de percorrido

FERROL360 | Sábado 28 novembro 2015 | 13:28

Os afecionados á bicicleta teñen este domingo unha cita cunha nova edición das Marchas ciclistas populares organizadas polo Concello de Ferrol en colaboración co Club Ciclista. A ruta, de 10 quilómetros, está adaptada para todas as idades e todos os públicos.

O roteiro comezará ás 11:00 horas na praza de Armas e finalizará no mesmo lugar, tras percorrer a rúa Rubalcaba, a praza de Canido, a estrada de Catabois, chegar ao CHUF, voltar por Santa Marina e Manuel Belando, ata chegar á praza de Portanova para proseguir pola estrada de Castela ata rematar de novo fronte ao Concello.

Ao termo haberá un sorteo de agasallos. A inscrición é gratuíta e realizarase o mesmo día da marcha, no punto de inicio. As marchas celébranse os últimos domingos de cada mes e irase aumentando a distancia, ata rematar o 26 de xuño coa máis longa, de 15 quilómetros de lonxitude.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies