Home / Actualidad / Nova mobilización este domingo en San Pedro para esixir a construción de beirarrúas

Nova mobilización este domingo en San Pedro para esixir a construción de beirarrúas

FERROL360 | Sábado 18 abril 2015 | 18:00

Cunha marcha pola estrada de San Pedro, os veciños da zona e máis o BNG volverán a esixir a construción de beirarrúas para que os peóns poidan transitar con total seguridade por esta estrada. A cita reivindicativa será este domingo ás 11:30 horas.

A comitiva partirá da confluencia da estrada de San Pedro co camiño do Escorial e o Campo de Chao, á altura da farmacia. É a segunda convocatoria deste tipo que levan a cabo e buscan que a Deputación provincial, titular da vía, tome conciencia do risco que supón para os peóns camiñar polo vial.

Nun comunicado, o BNG advirte que a estrada carece de beirarrúas e ten «tramos de excesiva perigosidade para os viandantes» debido ao estreitamento da vía e escasa visibilidade ao seu paso polo Beleicón. Tamén critican os nacionalistas que a Deputación ten previsto acometer obras de mantemento sobre o firme, pero que non contempla a construcción das beirarrúas.

Un comentario

  1. Un partido como o BNG que tivo a alcaldía de Ferrol, convertido, da man do fillo de Elia Rico, nun partido absolutamente marxinal. PENIÑA

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies