Home / Ferrol / Narón / Nova xuntanza para perfilar o programa do Encontro Interxeracional de Narón

Nova xuntanza para perfilar o programa do Encontro Interxeracional de Narón

FERROL360 | Martes 26 abril 2016 | 14:22

A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, mantivo este luns unha nova xuntanza con representantes de quince asociacións para perfilar o programa do Encontro Interxeracional que se celebrará na localidade o vindeiro 12 de xuño.

A edil avanzou que o aforo baixo as dúas carpas que se localizarán na zona do paseo de Xuvia, onde terá lugar a tradicional comida de maiores e outras actividades, estará limitado a 800 persoas.

A concelleira naronesa e os representantes das diferentes entidades acordaron a instalación, como é habitual neste evento, de mesas informativas de varios colectivos e unha exposición dos traballos que realizan as persoas maiores ao longo do ano nas asociacións e centros de maiores da localidade. Así mesmo, Sabio indicou que terán lugar varias actuacións de música e baile, entre outras.

No vindeiro encontro coas asociacións, fixado para o 13 de maio no Concello, pecharase definitivamente o programa de actividades a desenvolver.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies