Home / Actualidad / Novas actividades dentro do programa da Escola de Participación Cidadá de Narón

Novas actividades dentro do programa da Escola de Participación Cidadá de Narón

FERROL360 | Venres 12 decembro 2014 | 18:24

O programa da ‘Escola de Participación Cidadá’, que iniciaba a súa andaina no ano 2012 coa creación dos primeiros Consellos Territoriais, regresa con novas actividades formación e de asesoramento tanto ás entidades coma a políticos e funcionarios.

Os encargados de presentar as novidades foron o alcalde, José Manuel Blanco, e a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, que anunciaron que os Consellos Territoriais se reunirán a partires do mes de xaneiro para analizar as problemáticas dos barrios e elaborar un listado priorizado de propostas anuais.

Cada consello está formado por entidades veciñais, culturais, deportivas e sociais da zona e concelleiros de cada grupo municipal. Ademais do traballo por zonas, existirá outro órgano no que se tratarán asuntos que afecten a todo o territorio ou políticas e programas máis estratéxicos: o Consello Xeral de Participación Cidadá.

Este órgano se convocará tamén en vindeiras datas, e no mesmo estarán representados veciños/as a título participacula, politicos e membros de cada consello territorial. Un dos primeiros temas que se debatirá aquí será a regulación dos locais sociais municipais.

Aparte de continuar co asesoramento ás asociacións, o programa da Escola de Participación Cidadá contará cunha novedosa acción formativa dirixida a políticos e técnicos municipais. Trátase de dez horas de formación en Participación Cidadá, nas que se elaborará un mapa de actuacións prioritarias a desenvolver en Narón.

Asimesmo, estudaranse outras experiencias como os Orzamentos Participativos e analizaranse diversos programas políticos, normativas e directrices europeas. Tamén se traballará sobre a calidade das reunións e os espazos de toma de decisións.

Por outro lado, impartiranse 50 horas de formación a asociacións sobre os aspectos relativos ó Regulamento de Participación, e á xestión de entidades. Asimesmo, celebrarase un Foro piloto de Orzamentos Participativos nun dos barrios ou parroquias do municipio, unha vez avanzado o traballo dos consellos territoriais e a priorización de propostas.

Outra acción novedosa será a formación dirixida á mocidade de Educación Secundaria coa celebración de Plenos Escolares en colaboración cos centros escolares, na Casa Consistorial de Narón.

O programa da Escola de Participación Cidadá terá unha vixencia de 2 anos, nos que tamén se contará cunha oficina de atención ó público no ámbito rural (os luns e os martes) e na zona urbana (de mércores a venres). A técnico Maica Rodríguez será a encargada, ó igual que na edición anterior, de levar a cabo este programa.

Na actualidade, o Concello ten constituído un total de 14 Consellos Territoriais, que contan con 106 representantes da zona urbana e do rural (abertos á participación de novas entidades que queiran sumarse). Estes organismos permiten ás asociacións debater sobre as necesidades de cada barrio e cada parroquia, xunto ós responsables políticos da Corporación Municipal de Narón.

García, Blanco e Rodríguez presentaron o novo programa (cedida)

García, Blanco e Rodríguez presentaron o novo programa (cedida)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies