Home / Cultura / Novas exposicións na Casa da Cultura de Fene e o Ateneo Ferrolán

Novas exposicións na Casa da Cultura de Fene e o Ateneo Ferrolán

FERROL360 | Mércores 14 xaneiro 2015 | 13:23

A Casa da Cultura de Fene acolle a mostra Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia. A exposición dá conta, a través de distintos paneis, do instructivo compromiso solidario dos emigrantes galegos.

A mostra subraia a dimensión da efeméride do centetario fundacional das Sociedades Galegas de Instrucción radicadas en América e as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes galegos.

Comisariada por Vicente Peña Saavedra, e documentada por Carolina García Borrazás e María Teresa García Domínguez, é unha nova contribución do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, á recuperación e posta en valor da memoria e o legado dos emigrantes.

Está promovida polo Consello da Cultura Galega (CCG), a través de su Arquivo da Emigración Galega, e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración. Permanecerá aberta ata o 31 de xaneiro, de luns a venres, de 10: a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Os sábados poderá visitarse de 10:00 a 13:00 horas.

Pedro Castro no Ateneo

Mentres, o Ateneo Ferrolán acolle a mostra As Cantigas de Alfonso X: A súa música, historia e pintura. Unha exposición de pinturas de Pedro Castro que se pode visitar ata o 30 de xaneiro.

A mostra Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia pódese visita na Casa da cultura de Fene (cedida)

A mostra Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia pódese visita na Casa da cultura de Fene (cedida)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies