Home / Cultura / Nove comparsas e dous grupos participarán no Festival de Entroido de Neda

Nove comparsas e dous grupos participarán no Festival de Entroido de Neda

Festival de Comparsas en Neda (foto: Concello de Neda)
Festival de Comparsas en Neda (foto: Concello de Neda)

FERROL360 | Luns 18 febreiro 2019 | 9:23

Festa rachada asegurada no Festival de Comparsas de Neda con motivo do Entroido. Un total de nove comparsas e dous grupos tomarán parte nesta cita que se celebrará o vindeiro 1 de marzo. As agrupacións participantes son: Troupele troupele, Xoaniñas de Chao, Os Colludos, Vide vindo, A Canteira, Os Trastos, A Revolta, Os Parrandolos, Os Argalleiros e os grupos Os Tiquismiquis e Semente.

Deles, nove tamén se encargarán da animación, entre as 18.00 e 20.00 horas, nas zonas e barrios que determine a organización coa finalidade de impulsar a participación da veciñanza nas Festas do Entroido. A continuación, as formacións partirán da zona da antiga estrada da Estación (Avenida Castelao) para rematar no pavillón polideportivo onde porán en esceas as súas actuacións.

O goberno local repartirá máis de 3.000 euros entre as agrupacións participantes. Establécense un total de tres galardóns, que se concederán ás comparsas que obteñan a máis alta puntuación. As actuacións consistirán nun pase único de dúas cancións e cunha duración máxima de oitos minutos.

O xurado valorará desde a orixinalidade da vestimenta ata a animación na rúa e as letras das cancións. Estas teñen que estar obrigatoriamente escritas en galego e, un dos temas a interpretar, terá que gardar relación con Neda ou algún dos seus persoeiros máis coñecidos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies