Home / Actualidad / Novo paso para a aprobación do Plan Xeral de Neda

Novo paso para a aprobación do Plan Xeral de Neda

FERROL360 | Mércores 26 marzo 2014 | 12:42

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Neda está máis preto de ser unha realidade. Este mércores, o alcalde do municipio, Ignacio Cabezón, reuniuse coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, para analizar o informe de aprobación inicial do plan.

O informe que foi emitido dende a Xunta de Galicia o pasado mes de febreiro marca os axustes necesarios que debe desenvolver o equipo redactor do Plan Xeral para acadar os obxectivos que recolle a proposta do novo planeamento, centrada no crecemento do municipio e que debe cumprir os aspectos da normativa legal vixente.

Durante o encontro, Rivas explicou ao alcalde a importancia de avanzar neste cambios para proceder á aprobación no pleno municipal do PXOM á vez que se exporá ao público durante dous meses para consultas e alegacións.

A continuación, se solicitarán ás distintas administracións a emisión dos informes sectoriais ante Augas, Estradas ou Patrimonio, cuxas determinacións serán incorporadas ao PXOM antes de ser aprobado provisionalmente polo pleno e achegado á Xunta para a súa aprobación definitiva.

Na actualidade, o Concello de Neda dispón dunhas Normas Subsidiarias de Planeamento aprobadas en 1992.

Rivas e Cabezón reuníronse este mércores para falar do Plan Xeral (foto: Xunta de Galicia)

Rivas e Cabezón reuníronse este mércores para falar do Plan Xeral (foto: Xunta de Galicia)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies