FERROL360 | Mércores 2 setembro 2015 | 14:19
O Concello de Ferrol pon en marcha un novo curso de emprego para adquirir competencias clave en matemáticas, lingua galega e castelá. Este programa está dirixido para persoas en situación de desemprego que queren acceder aos certificados de profesionalidade de Nivel 2 e que non posúen a formación básica necesaria (título de graduado en educación secundaria obligatoria ou equivalente).
Os interesados en participar neste novo curso deben inscribirse na oficina de emprego do edificio da Xunta de Galicia Ferrol-Centro e é importante destacar que non hai límite de idade. As persoas que rematen estes cursos con aproveitamento recibirán a acreditación de competencias clave de Nivel 2 e poderán acceder á formación ocupacional para o emprego asociada a estos certificados.
O curso desenvolverase ao abeiro da convocatoria dun programa da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar e que conta cunha subvención de 23.550 euros.