FERROL360 | Xoves 6 marzo 2014 | 18:25
O goberno local de San Sadurniño elaborou este xoves unha resolución para instar á Consellería de Traballo e Benestar «a paralizar o desmantelamento do servizo de transporte adaptado do 065». O rexedor municipal, Secundino García, pide que se garantice o servizo para desplazar regularmente a veciños e veciñas dependentes aos centros de terapia.
Dende o consistorio recordan que o Servizo Galego de Transporte Adaptado (065) creouse na etapa do goberno do bipartito e actualmente «comezou a sufrir un deterioramento constante». Destacan que se trata de algo «necesario, que custou moito esforzo deseñar e implantar e que daba servizo de maneira regular a todas as persoas dependentes que o solicitaban».
Para a Alcaldía, o ente autonómico «da un paso máis na eliminación dos programas e servizos de dependencia e benestar que sufrirán novamente as persoas máis débiles». Alertan ademais dunha «importante perda de postos de traballo».