Home / Sociedad / Educación / O alumnado do Concepción Arenal envórcase co ‘Desafío Galego’

O alumnado do Concepción Arenal envórcase co ‘Desafío Galego’

Fachada del instituto Concepción Arenal (cedida)

FERROL360 | Mércores 12 abril 2023 | 13:02

Desde este martes e até o venres 21 de abril, terá lugar unha nova edición do Desafío Galego, unha iniciativa que xurdiu co obxectivo de que a rapazada desbote os prexuízos á hora de falar en galego e empregalo tamén nas súas redes sociais. Desde o Equipo de Dinamización la Lingua Galega del IES Concepción Arenal, conscientes da boa acollida do curso pasado, decidiron repetir en 2023.

Nesta edición apuntáronse 274 alumnos e alumnas de bacharelato e ciclos que se comprometeron a usar a lingua e galeguizar as redes sociais. Ademais, sinalan desde o Equipo, contan cun padriño ben coñecido como é Mario Brión, máis coñecido nas redes como Olaxonmario. Este mércores celebrouse un obradoiro de creación cultural e dixital en galego e o venres 21 concluirá a iniciativa cunha visita ás Fragas do Eume.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies