Home / Ferrolterra / Ferrol / O Apalpador chega este sábado a Ferrol

O Apalpador chega este sábado a Ferrol

Imaxe de arquivo do Apalpador na ruada de 2019 (foto: Fundaçom Artábria)

FERROL360 | Venres 22 Nadal 2023 | 20:44

O Apalpador percorrerá de novo este sábado as rúas de Ferrol para visitar á rapazada antes do Nadal da man da Fundaçom Artábria, unha das entidades que teñen recuperado a figura deste carboeiro do Courel que baixa das montañas a comprobar se os nenos e nenas están ben mantidos. Contando coas súas axudantes trasnas, estará tamén acompañado da Banda de Gaitas Xoldaina.

Comezará a ruada no local de Artábria en Esteiro, na Travesa de Batallóns, ás 17:00 horas. Percorrerá Ánimas, Españoleto, avenida de Vigo, praza de Sevilla, praza de España, Galiano, praza de Armas, Real, Terra e Cantón. A iniciativa conta con apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol. Ademais, o Apalpador estivo de visita estes días no CEIP de Pazos, CEIP A Laxe e Colexio Ludy.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies