Home / Ferrol / San Sadurniño / O Apalpador visita ós pequenos de San Sadurniño

O Apalpador visita ós pequenos de San Sadurniño

FERROL360 | Sábado 20 decembro 2014 | 14:03

Os pequerrechos de San Sadurniño xa teñan os deberes feitos e saiban que van pedir este Nadal, poden contarllo de primeira man ao Apalpador. E é que este este sábado visita o local social da Veiga, en Naraío, para pasar un rato cos cativos e escoitar os seus desexos para este Nadal. Será ás 20:00 horas.

Ademais, a asociación de veciños organiza o Nadal na Lareira e a iso das 18:30 horas actuará o pallaso e malabarista Peter Punk. Despois da chegada do Apalpador servirase chocolate con bica.

O Apalpador xa estivo este venres na Casa da Cultura de San Sadurniño, onde os nenos gozaron de xogos e obradoiros de manualidades durante boa parte da tarde.

O Apalpador xa estivo na Casa da Cultura de San Sadurniño (cedida)

O Apalpador xa estivo na Casa da Cultura de San Sadurniño (cedida)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies