Home / Cultura / O artesán Jaime Pena dirixirá o obradoiro de construción de palletas este sábado no Toxos e Froles

O artesán Jaime Pena dirixirá o obradoiro de construción de palletas este sábado no Toxos e Froles

FERROL360 | Venres 8 setembro 2017 | 11:16

O Real Coro Toxos e Froles comeza este sábado as actividades programadas para estes últimos meses do ano cun obradoiro de construción de palletas. A cita correrá a cargo do artesán Jaime Pena, da Asociación Canavella, e prinicipiará ás 10.00 horas.

Pena aprendeu o oficio de palleteiro da man do seu pai Adolfo nos anos 1980 no Concello de As Pontes. Foi no 2010 cando impartiu o seu primeiro curso en As Pontes e dende aquela non deixou de espallar os seus coñecementos por toda a comunidade.

A actividade tivo unha grande acollida cunhas 30 solicitudes para participar. Finalmente, serán 15 persoas as que asistirán ao obradoiro por motivos didácticos e prácticos, indican desde o Real Coro Toxos e Froles.

Para continuar co programa de actividades, o domingo 24 de setembro estará no local do Toxos e Froles Suso Vaamonde, que impartirá un curso no que se estudiará a técnica interpretativa nas bandas de gaitas. Partindo dunhas melodías propias do noso folklore, estudiaranse os recursos ornamentais, a dinámica e o diálogo entre instrumentos. O prazo de inscrición remata o día 15 de setembro.

A participación en todas as actividades que leva a cabo o Toxos é aberta e gratuíta e enmárcanse dentro dos programas ‘Xornadas de Cultura Aberta’ e ‘Toxos Espallando Cultura’, patrocinados pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol.

Estos programas céntranse na formación e mellora técnica de instrumentistas co obxectivo de poñer en valor a música popular galega.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies