Home / Cultura / Cine / O Ateneo celebra en decembro unha nova edición das Xornadas Mostra de Curtametraxes

O Ateneo celebra en decembro unha nova edición das Xornadas Mostra de Curtametraxes

FERROL360 | Mércores 10 setembro 2014 | 18:37

Gústache facer curtas? O Ateneo Ferrolán dache a oportunidade de expoñer o teu traballo ante o público nas XIV Xornadas Mostra de Curtametraxes. Se queres participar toma nota: os traballos deben ser de menos de 20 minutos, en formato DVD, preferentemente en lingua galega, acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director. Tes de prazo ata o día 5 de decembro.

As xornadas se celebrarán os días 17, 18 e 19 de decembro na sede do Ateneo Ferrolán. Así, poderemos ver curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos.

O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

XII Xornadas de Curtametraxes 2014

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies