Home / Opinión / O Ateneo Ferrol?n como sinal de identidade

O Ateneo Ferrol?n como sinal de identidade

LUIS CALVO | ?Pensando en alto? | Domingo 22 decembro 2013 | 15:06

Ferrol est? a correr un grave risco de seguir a perder os seus sinais de identidade, esa imaxe de seu, que foi defendida durante toda a vida por moitas persoas e entidades de todo tipo que ve?en facendo a s?a aportaci?n ? sociedade.

Dicir, para aqueles for?neos que o desco?ezan, que Ferrol pos?e de sempre un tecido asociativo e implicado, reco?ecido e dentro do cal o Ateneo Ferrol?n ocupa unha primeira li?a pola s?a traxectoria en defensa da cultura, desde o seu nacemento no 1879, interrumpida en 1936 pola dictadura e recuperado no ano 1976.

A s?a traxectoria est? marcada por un forte compromiso coa cultura ferrol? e do mesmo dan fe as s?as actividades desde o cine, teatro, artes pl?sticas, exposici?ns, conferencias, publicaci?ns e un longo etc?tera. Tam?n foi tribuna aberta que acolleu as reinvindicaci?ns sociais, moitas das cales hoxe est?n nas Casas da Muller municipais e que antes ti?an o seu espazo no Ateneo Ferrol?n.

O cine F?rum, o teatro galego por medio dos Xoves Teatrais, os certames de Artes Pl?sticas e Fotograf?a de Medio Ambiente a nivel estatal; o ?Constantino Bell?n? desde o 1990, ?nico concurso de interpretaci?n e composici?n de gaita galega no cal participan gaiteiros de todo o mundo.

Poder?amos falar dos centos de exposici?ns de artistas noveis e consagrados e homenaxes a pintores ferrol?ns, actividade que serviu para facer unha pinacoteca moi importante para o patrimonio da cidade. Isto sen esquecer o sinf?n de conferenciantes (Victoria Prego, Carmen Sarmiento, Vicent Marqu?s, Alonso Montero, Xos? Luis Barreiro, Xos? Manuel Beiras, Cristina Almeida, Javier Urra, Saraiva de Carvalho da revoluci?n portuguesa?) que pasaron pola tribuna aberta do Ateneo.

Boa proba dese compromiso con Ferrol son os Cadernos do Ateneo, que recollen traballos sobre Sof?a Casanova, os Reales Establecimientos de Xuvia, Xentes de Ferrolterra, a r?a de Ferrol, a igrexa rom?nica de Xuvia ou a catalogaci?n castrexa da comarca de Ferrolterra, entre outros moitos.

Outra oferta foi dar cabida a todas aquelas entidades ferrol?s que non ti?an local dun xeito aberto, gratu?to e sen mirar ideolox?as, o cal desmonta ese estereotipo adxudicado por algunha xente: o Ateneo, ese nido de roxos. Estas cousas poder?a acordalas, con pouco esforzo, o actual alcalde Xos? Manuel Rey, cando daba os seus primeiros pasos, socialmente falando, co noso com?n e benquerido amigo, o desaparecido Pablo Merino, quen levaba a vocal?a da Mocidade. Desa apertura da entidade tam?n dan fe, entre outras actividades for?neas, as organizadas alg?n d?a polas Novas Xeraci?ns do PP.

Remato cunha actividade moi importante: ser a ?nica hemeroteca de Ferrolterra e biblioteca que recolle centos de cabeceiras e colecci?ns de revistas e prensa das cales poden falar os moitos investigadores que ve?en usando este centro de recolleita de datos para as s?as publicaci?ns.

Pois ben, todo isto corre un grave risco de desaparici?n polo incumprimento dos acordos tomados polo Concello de Ferrol, que hoxe semellan ser papel mollado.

Nos mesmos se recoll?a, nun previo proxecto do arquitecto Alfredo Alcal?, a reparaci?n do edificio cedido ao Ateneo desde o ano 1976 e unha ampliaci?n co edificio colindante, n?mero 204, que acoller?a as novas instalaci?ns do Ateneo Ferrol?n.

Esa ? a ?nica verdade, o dem?is sonche ganas de enredar e provocar un enfrontamento social innecesario por desco?ecemento, pois non quero pensar en outras intencionalidades.

Querido alcalde, a?nda ? tempo de ama?alo.

-Luis Calvo Teijo foi directivo do Ateneo Ferrol?n desde o ano 1987 e presidente do 1990 ao 1995-

Acuarela ateneo ferrol?n

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies