Home / Cultura / O Ateneo recibe a doazón dunha xoia bibliográfica do século XVI

O Ateneo recibe a doazón dunha xoia bibliográfica do século XVI

FERROL360 | Xoves 23 abril 2015 | 11:20

Manuel Gil Cervera doará ao Ateneo Ferrolán a biblioteca persoal do seu tío José Fontenla Ruza. Entre as obras que pasarán a formar dos fondos de Ateneo atópase unha xoia bibliográfica do século XVI do taller do impresor renacentista Cristobal Plantino en Amberes. Esta doazón vai ser presentada este xoves no salón de actos do Ateneo, ás 18:30 horas.

A obra é Icones veterum aliquot, ac recentium medicorum, philosophorum que, elogiolis suis editae, opera I. Sambuci (Antuerpiae: Ex Officina Cristophori Plantini, 1574). Na súa tradución sería: Varios iconos de vellos e recentes médicos e filósofos, cun eloxio editorial, obra de I. Sambuci (Amberes: Oficina de Cristophori Plantini, 1574).

O Ateneo indican que deste libro coñécense exemplares na Biblioteca Nacional de España, na Universidade Complutense, na Biblioteca Nacional de Austria, Biblioteca Real de Bélxica e Biblioteca Nacional de Francia. Desta obra fixéronse novas edicións no século XVII e varias reproduccións facsímiles no século XX.

Dada a difícil situación na que se atopan os fondos bibliográficos e hemerográficos do Ateneo, depositados nunha empresa de mudanzas dende o ano 2010, a entidade ven realizando unha tarefa de recollida de fondos en réxime de cesión, para manter os servizos de biblioteca e hemeroteca que tradicionalmente viña prestando.

Banner Odeon

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies