Home / Cultura / O Auditorio de Ferrol acolle dúas representacións da obra ‘Fariña’

O Auditorio de Ferrol acolle dúas representacións da obra ‘Fariña’

FERROL360 | Martes 17 maio 2022 | 13:25

Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro Fariña, unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século. A obra recalará esta fin de semana no Auditorio de Ferrol o venres desde ás 21.00 horas e o sábado a partires das 20.00 horas.

Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Sergio Zearreta, Marta Lado, César Goldi e Graciela Carlos ademais do propio Touriñán. Fariña non permite ao espectador acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga sucédena conversacións entre mozos e veciños dos pobos comprando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea.

As entradas teñen un prezo de entre 20 e 22 euros.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies