FERROL360 | Sábado 1 decembro 2018 | 18:03
Coma sempre é habitual por estas datas o Concello de Mañón celebra a súa famosa Festa do Marisco, que cumpre 30 anos esta edición. O evento terá lugar a vindeira fin de semana.
A cita comezará o venres 7 de decembro, a partir das 19:00 horas, cunha misa na carpa para honrar a pescadores e mariscadores falecidos. Ao rematar a misa haberá un concerto do grupo Escolma de Meus. A continuación, seguirá a festa coa música da Charanga NBA que pechará a xornada.
Ó día seguinte, o sábado, ás 12:00 horas haberá un pasarrúas coa Banda de Música de As Pontes. Unha hora máis tarde a actriz de Land Róber Tunai Show, Eva Iglesias, dará o pregón.
A continuación, é o turno de xantar e disfrutar do marisco variado na carpa por un prezo de 15 euros por ración que inclúe un prato e un vaso de cerámica. Os grupos O Son do Sor e Charanga NBA amenizarán o xantar.
Finalmente, para pechar o fin de semana haberá unha verbena pola noite protagonizada polo grupo La Gira.