Home / Cultura / «O bigote de Mimí», a homenaxe da Feira do Libro de Ferrol a Manuel María

«O bigote de Mimí», a homenaxe da Feira do Libro de Ferrol a Manuel María

Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto promoven «O bigote de Mimí»


Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto promoven «O bigote de Mimí»

FERROL360 | Martes 19 abril 2016 | 11:34

Cun conto de Manuel María como base, «O bigote de Mimí» é un dos espectáculos enmarcados na programación da Feira do Libro de Ferrol. O evento abre as súas portas este mércores na praza da Constitución e será ao día seguinte, o xoves, cando se poña en escea esta proposta cultural. Será desde as 19:00 horas.

Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto promoven un evento no cal conviven monicreques para nenos e a música de artistas con experiencia en bandas como Ruxe-Ruxe. O propio Vallecillo, que aquí asume voz e guitarra, acumula unha longa traxectoria nos espectáculos infantís. Exerce de Mimí e afrontou a composición musical.

 Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto promoven «O bigote de Mimí»


Luís Vallecillo e a Banda do Cuberto promoven «O bigote de Mimí»

Ao seu carón, figuran Luis Iglesias na guitarra eléctrica, Torroncho ao baixo, Aitor García coa batería, Jorge Rey como director e Fernando Martínez de Vega na tarefa da iluminación. Igualmente, Alicia Juárez encarou a construción de Mimí e Carmen Domech a escenografía e atrezzo. Outro punto de apoio é o ilustrador Xaquín Marín.

A Casa-Museo Manuel María colabora nesta iniciativa, na que un titiriteiro e músicos contan a historia de Mimí, un gato que afronta as consecuencias dunha pésima decisión e que ve todo diferente ao ser vello. Axúdase dos músicos para narrar as súas peripecias polo mundo adiante, tanto un guitarrista que agocha un segredo como uns ratos sobrados de ritmo ou un peculiar baixista.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies