Home / Actualidad / O BNG de Ares censura o rexeitamento de incluír unha moción pola vía de urxencia sobre as obras da estrada Ares-Chanteiro

O BNG de Ares censura o rexeitamento de incluír unha moción pola vía de urxencia sobre as obras da estrada Ares-Chanteiro

FERROL360 | Sábado 30 xullo 2016 | 15:06

A moción presentada polo BNG de Ares por vía de urxencia para solicitar á Deputación Provincial que se inclúa a partida para acometer as obras da segunda fase da estrada de Ares- Chanteiro foi rexeitada polos grupos de PSOE, NAL e SON. Unha actitude que o portavoz municipal do BNG, Emilio Mesías, calificou de falta de consideración e respecto á veciñanza de Cervás-Chanteiro.

Mesías non entende o rexeitamento a esta moción e conclúe que os grupos «non consideran de urxencia a obra». Ante esta situación, o voceiro do Bloque indica que trasladará unha petición directamente á Deputación para que «a segunda fase figure nos orzamentos da Deputación para o vindeiro ano, co obxectivo de facer realidade as aspiracións veciñais».

Así as cousas, desde o BNG de Ares lembran a loita veciñal que desde hai anos vén desenvolvéndose para conseguir un compromiso efectivo da Deputación para acometer esta obra.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies