Home / Ferrol / Ares / O BNG de Ares critica que o CPI iniciará o curso sen ter resoltas as súas deficiencias estruturais

O BNG de Ares critica que o CPI iniciará o curso sen ter resoltas as súas deficiencias estruturais

FERROL360 | Sábado 6 setembro 2014 | 11:32

O BNG de Ares lembra que xa no ano 2008 a comunidade escolar e os nacionalistas denunciaron que o CPI presentaba deficiencias estruturais. Unhas deficiencias que aínda se manteñen a día de hoxe e que teñen que ver coa necesidade de ampliación das instalacións e a construción dun novo aulario.

O voceiro municipal do BNG en Ares, Emilio Mesías, denuncia que os barracóns provisionais convertéronse en definitivos «xa que o convenio asinado hai máis de dous anos entre o Concello, Deputación e a Xunta quedou en papel mollado». Así, Mesías critica que Xunta e Concello «pásanse a pelota» reiteradamente e mentras o CPI continúa coa mesa problemática.

E é que Mesías lembra que Educación nunha resposta ao BNG sobre este tema afirmou que «as obras de ampliación do CPI de Ares non poden materializarse porque o Concello no puzo aínda s terreos correspondentes a disposición da Xunta».

O BNG considera que esta situación supón «un fraude ao conxunto da cidadanía» e especialmente un prexuízo evidente para os pequenos que «seguen sen dispor de instalacións que garantan os mínimos á hora de impartir a docencia».

Ante esta situación, o BNG solicitará a vindeira semana unha xuntanza cos membros da comunidade escolar para buscar unha solución a este asuento e conquerir iniciativas que veñan a materializar os compromisos adquiridos polas diferentes administracións públicas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies