Home / Actualidad / O BNG de Ares denuncia a «deriva antidemocrática» no funcionamento da nova corporación

O BNG de Ares denuncia a «deriva antidemocrática» no funcionamento da nova corporación

FERROL360 | Martes 15 setembro 2015 | 18:45

O BNG de Ares asegura que os catro meses de vida da nova corporación están marcados pola «deriva involucionista» e «unha constante violación da legalidade e das mínimas normas democráticas». E é que os nacionalistas acusan ao grupo de goberno de utilizar a institución municipal con criterios partidistas e persoais.

O voceiro municipal do BNG, Emilio Mesías, reitera o seu rechazo á conformación dos grupos municipais e afirma que «resulta contraria á lei galega de administración local e tamén ao propio Regulamento Orgánico do Concello». Desde o BNG lembran que non se pode conformar grupo político cando un partido só ten un representante na corporación, xa que o mínimo son dous.

Mesías di que esta situación obedece a «un tratamento de favor para que NAL e SON lle garantan o apoio ao PSOE nas diferentes votacións». En canto ao acordo para a constitución das comisións informativas, o voceiro asegura que é un «esperpento antidemocrático» porque se otorga a mesma representanción a grupos cun representante e a outros que teñen o triple.

O BNG presentou o pasado 27 de xullo un recurso de reposición para que o pleno revisara este acordo, pero segundo Mesías ese documento «fica secuestrado por parte do alcalde, e non se inclúe na orde do día do pleno a celebrar o vindeiro xoves». O voceiro do Bloque de Ares advirte que agotarán «todos os medios» para impedir esta deriva antidemocrática e garantir o respecto á legalidade.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies