Home / Actualidad / O BNG de Ares denuncia a paralización e hermetismo en torno ao PXOM

O BNG de Ares denuncia a paralización e hermetismo en torno ao PXOM

FERROL360 | Venres 17 outubro 2014 | 17:37

Os nacionalistas de Ares critican que o goberno local decretou silenzo informativo sobre o PXOM. E é que segundo explica o voceiro da formación, Emilio Mesías, hai máis de catro meses que rematou o prazo para a presentación de alegacións ao documento e non se está proporcionando información nin aos veciños nin á corporación municipal.

Mesías advirte que da paralización do proceso de contestación ás alegacións, e polo tanto da tramitación para a aprobación definitiva do PXOM, «se derivan prexuízos para as persoas que presentaran alegacións, privadas de información oficial sobre o que vai pasar coas mesmas».

Así as cousas, desde o BNG indican que se está a perxudicar ao conxunto da cidadanía de Ares e non só aos que presentaron alegacións, xa que todas as zonas que vaian ser obxecto de modificación polo PXOM teñen as licenzas de obra suspendidas desde a publicación do acordo de aprobación inicial do documento o pasado 4 de abril.

Ante esta situación, o voceiro do BNG denuncia que o acordo do PSOE con NAL para sacar adiante o PXOM «foi un auténtico fiasco», que serviu para «garantirlle ao PSOE unha maioría no goberno municipal a cambio de substanciosas retribucións económicas e a creación dalgunha praza de asesor», sentenciou Mesías.

En opinión dos nacionalistas, os veciños de Ares están ante «un proceso de engano masivo á cidadanía, porque o obxectivo principal da nova maioría era supostamente aprobar o PXOM e, a día de hoxe, non hai nada», recalcou Mesías. Por iso, contactarán cos afectados para concretar accións conxuntas e reivindicar transparencia e seguridade xurídica no proceso de tramitación do PXOM.

Mesías estivo acompañado por representantes do BNG de Ares durante a rolda de prensa (foto: BNG Ares)

Mesías estivo acompañado por representantes do BNG de Ares durante a rolda de prensa (foto: BNG Ares)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies