Home / Actualidad / O BNG de Ares leva a pleno unha moción para que a Deputación execute a ampliación da estrada Ares-Chanteiro

O BNG de Ares leva a pleno unha moción para que a Deputación execute a ampliación da estrada Ares-Chanteiro

FERROL360 | Martes 29 outubro 2013 | 18:42

O Concello de Ares tratará este xoves en sesión plenaria unha moción presentada polo BNG para ampliar a estrada que une Ares con Chanteiro. Ademais, debaterán sobre a seguridade viaria nalgúns dos tramos que consideran perigosos para os peóns.

O firme desta estrada foi reparado recentemente, e os nacionalistas consideran que se trata unha «manobra da Deputación» para non executar un proxecto aprobado con anterioridade. Critican que non se resolveron os problemas derivados dunha calzada moi estreita, na que din, «a duras penas poden cruzarse dous vehículos». O BNG demanda ao ente provincial que afronte un proxecto que consideran «prioritario».

Segundo Emilio Mesías, o portavoz municipal do BNG neste municipio, «as máis de 700 sinaturas recollidas por iniciativa veciñal nos días pasados avalan a necesidade e urxencia desta demanda histórica».

Ordenanza xeral tributaria

No pleno deste xoves, discutirase tamén a iniciativa dos nacionalistas para a exención de impostos a persoas con dificultades económicas.

O BNG solicita ao Concello de Ares a elaboración dunha norma que estableza bonificacións, reducións ou aprazamentos nos tributos locais para veciños en situacións económicas excepcionais. Mesías afirma que «temos un Concello cunha elevadísima taxa de desemprego» e considera que se deben crear mecanismos para minimizar as difíciles situacións que están a vivir colectivos concretos como desempregados ou pensionistas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies