Home / Actualidad / O BNG de Ares pide ó Concello que solvente o agravio na instalación das acometidas de auga en Cervás

O BNG de Ares pide ó Concello que solvente o agravio na instalación das acometidas de auga en Cervás

FERROL360 | Venres 8 novembro 2013 | 13:09

O BNG de Ares denuncia unha situación de agravio comparativo «na execución das obras de abastecemento a Cervás e, nomeadamente, nas acometidas da rede xeral ás vivendas». Explican os nacionalistas que na primeira fase destas obras os veciños tiveron que pagar o enganche ás vivendas, mentres que na segunda fase do proxecto «si se inclúen as conexións ás vivendas particulares».

Ante esta situación, o grupo municipal do BNG solicita ao goberno local que «adopte as medidas correspondentes para que se resolvan os agravios que se están a producir». Dende o grupo propoñen que o Concello devolva «as cantidades que inxustamente se lle cobraran aos usuarios» na primeira fase das obras. Tamén piden que se abra un novo proceso para que aqueles veciños que non realizaron a conexión á rede de abastecemento, por mor da contía a pagar, podan facelo nas condicións actuais.

Ademais, o BNG de Ares critica o atraso que acumulan estas obras e denuncia que «os veciños de Chanteiro teñen as conexións do abastecemento desde hai máis de cinco anos, pero non son operativas porque non está feita a rede de Cervás». Rede da que debería conectar, segundo explican os nacionalistas. E é que as obras de Cervás levan preto de dous anos de atraso con respecto ao que se estimaba inicialmente.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies