Home / Actualidad / O BNG de Ares pide que se concrete un Plan Director para o Mosteiro de Santa Catalina

O BNG de Ares pide que se concrete un Plan Director para o Mosteiro de Santa Catalina

FERROL360 | Martes 5 novembro 2013 | 15:52

O BNG de Ares considera que «é urxente» que Concello, Xunta de Galicia e Goberno Central concreten un Plan Director de rehabilitación para o Mosteiro de Santa Catalina, toda vez que o Ministerio de Defensa ven de renovar co Concello a cesión temporal deste ben inmoble. Os nacionalistas lembran que a Consellería de Cultura tiña elaborado no ano 2008 un proxecto destas características e piden que se «axilicen as xestións para concretar un procedimento que permita desenvolver» esta iniciativa.

O BNG de Ares apunta que as condicións do convenio entre o Concello e o Defensa «seguen a manter situacións que son lesivas para a institución municipal». Neste senso, os nacionalistas sinalan que é o Concello de Ares quen afronta o mantemento e reparación do Mosteiro de Santa Catalina, cando esta infraestructura é porpiedade do Ministerio. A este repeto, o BNG lembra que Defensa pode recuperar ditas instalacións «en calquer momento sen direito a indemnización para a institución municipal».

Por outra banda, o BNG pide que o Goberno central destine 1 millón de euros a facer fronte ás necesidades máis urxentes do Mosteiro. Neste senso, os nacionalistas apuntan que o proceso de declaración de BIC está paralizado desde hai tempo, e que tampouco hai previsións de investimento para as instalacións por conta do 1% cultural do ministerio de Fomento.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies