Home / Actualidad / O BNG de Cabanas denuncia un verquido de aguas fecais na estrada do Barreiro

O BNG de Cabanas denuncia un verquido de aguas fecais na estrada do Barreiro

FERROL360 | Sábado 20 agosto 2016 | 14:49

O BNG de Cabanas alerta da preocupación dos veciños do Barreiro, que denuncian a existencia dun verquido de augas fecais procedente dos sumidoiros da estrada provincial 1502. Uns verquidos que van deixando excrementos e outros restos na estrada, ademais dun importante fedor.

Desde o Bloque indican que non é a primeira vez que se producen desperfectos nesta estrada e o grupo denuncia reiteradamente nos plenos que desde o comezo das obras de instalación de beirarrúas nesta zona rexístranse problemas continuos.

Falan os nacionalistas de falta de seguridade nos pasos de peóns, frecuentes verquidos de terra ao firme da estrada, rotura de tapas de sumidoiros e a súa mala sinalización, ou os problemas coas conducións de auga, pluviais e fecais.

Quéixanse desde o BNG que o alcalde refúxiase na titularidade provincial da estrada e obvia que moitos dos problemas, como as canalizacións ou os verquidos de terra desde camiños de titularidade muncipal, entran dentro das súas funcións.

«Estamos fartos de que o alcalde faga deixación de funcións, e mentres bota balóns fóra e solta os seus discursiños no pleno a veciñanza siga sufrindo a súa nugalla», critica voceiro municipal do BNG, Iago Varela.

Desde a formación nacionalista comprométense a pedir explicacións ao rexedor polas súas xestións aos respecto no próximo pleno.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies