FERROL360 | Sábado 3 novembro 2018 | 19:36
Logo de confirmarse os rumores que situaban ao actual alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, como candidato popular á Alcaldía de Narón, o BNG vén de esixir a súa «dimisión inmediata».
O voceiro e candidatos dos nacionalistas en Cabanas, Iago Varela, asegorou que o rexedor «nunca tivo a Cabeza en Cabanas. O único que lle importou desde que accedeu á Alcaldía do noso concello foi o seu propio beneficio e o do PP».
Engade Varela que «a confirmación da súa candidatura polo PP de Narón incapacítao para seguir un minuto máis ao fronte da alcaldía de Cabanas», lamentando a «pouca valentía» de Castrillón ao non dicilo no derradeiro pleno municipal.
Desde o BNG defenden que o mandado do popular pasará a historia como «os anos escuros», lembrando a súa subida de soldo, a polémica das dietas de AEC ou a aprobación dun PXOM que «aspira a facer de Cabanas a Marbella galega e que hipotecará futuros gobernos municipais e eliminar calquera forma de participación veciñal na vida municipal».