Home / Ortegal / Cerdido / O BNG de Cerdido celebra unha asemblea aberta este sábado na Casa da Cultura

O BNG de Cerdido celebra unha asemblea aberta este sábado na Casa da Cultura

FERROL360 | Luns 22 decembro 2014 | 19:05

A Casa da Cultura en Felgosas (A Barqueira) acollerá a asemblea aberta que organiza o BNG de Cerdido este sábado ás 18:00 horas. Desde o Bloque indican que é preciso mudar a mala situación pola que atravesa o municipio e «poñer o noso Concello na dirección do desenvolvemento económico e o benestar social».

Os nacionalistas propoñen un «proxecto participativo» no que se involucre toda a veciñanza «disposta a achegar propostas de solucións ao noso declive» e que traballe por «construír unha alternativa ampla, plural e aberta» na que teña cabida toda a xente que cre que hai outra maneira de facer as cousas a través da participación política.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies