FERROL360 | Luns 11 agosto 2014 | 10:29
O BNG de Fene achaca ao alcalde da localidade, Gumersindo Galego, que varios milleiros de veciños quedaran sen agua da traída durante a fin de semana. E é que os nacionalistas denuncian que a «falta de atención» do rexidor á proposta reiterada dos nacionalistas de que se repoña a tubería das Avenida das Pías foi a causa deste problema.
Así, explican desde o BNG que Concello de Fene ten reposto as tuberías de fibrocemento antigas quedando so por substituír as da Avenida das Pías polas dúas marxes, dende a factoría naval ao cruce de Fene. «Os cortes se subministro son cada vez máis frecuentes nesta zona debido á atiguedade da tubería», indican os nacionalistas.
Segundo apuntan desde o BNG o motivo polo que o Concello no levou a cabo as obras foi o orzamento das mesmas, valoradas en máis de 200.000 euros. Ante esta situación, o grupo propuxo acometar esta actuación en fases para non investir todo un Plan provincial nesta obra.
Agora os nacionalistas piden explicacións ao goberno e sinalan que os populares «terán que explicarlle aos veciños e aos negocios como se vive e traballa nunha zona urbana cun servizo de auga interrompido na fin de semana».