Home / Actualidad / O BNG de Fene pide axilidade á Xunta na tramitación das axudas sociais

O BNG de Fene pide axilidade á Xunta na tramitación das axudas sociais

FERROL360 | Sábado | 31 maio 2014 | 11:56

O BNG de Fene denuncia que se están producindo atrasos na tramitación da Renda de inserción de Galicia, o RISGA, e mesmo denegacións con xustificacións inauditas. Así, levará unha moción ao vindeiro pleno municipal do 5 de xuño en relación a esta problemática.

O BNG de Fene lembra que no último informe remitido polo Valedor do Pobo ao Parlamento galego xa se recolle esta situación. O Valedor facía referencia ao aumento de solucitudes desta axudas sociais e apuntaba que «tamén medrou o número de queixas en relación con elas, sobre todo por denegacións que se consideraban inxustificadas ou por atrasos nas resolucións deses procedementos, que pola súa proia natureza deben resolverse con urxencia».

Tamén fan referencia os nacionalistas ao informe emitido por Cáritas no que se poden comprobar que «os datos de pobreza ofrecen un panorama desolador, sobre todo na Galiza». No documento indícase que 30.000 fogares non reciben ningún tipo de ingresos e unhas 465.000 persoas viven na Galicia baixo o limiar da pobreza.

Ante esta situación, o BNG de Fene considera« urxente o que se cumpra a Lei de Inclusión social de Galiza e que se poñan en marcha de inmediato a tramitación das axudas da RISGA». Tamén piden desde o Bloque que a Xunta incremente a dotación de fondos no programa da RISGA ante o incremento de persoas en situación de exclusión social.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies