Home / Actualidad / O BNG de Ferrol afirma que Suárez asume que pagará polas instalacións de Defensa desafectadas

O BNG de Ferrol afirma que Suárez asume que pagará polas instalacións de Defensa desafectadas

FERROL360 | Xoves 22 outubro 2015 | 18:23

O BNG de Ferrol asegura que o goberno local ten asumido que vai pagar o medio millón de euros que restan polas propiedades incluídas no convenio con Defensa. Así, o interprentan os nacionalistas das últimas declaracións do alcalde da cidade, Jorge Suárez, nas que defendía que se renegociará o convenio sen poñerlo en risco.

Desde o BNG critican esta postura e advirten que é unha decisión «que o propio alcalde tiña censurado e criticado antes de chegar ao cargo por tratase dunhas propiedades que orixinariamente pertencían aos veciños e veciñas da cidade».

Os nacionalistas acusan a Suárez de asumir o mesmo discurso do Partido Popular dicindo que a cidade non pode esperar máis por este convenio, sen ter un plan para o seu desenvolvemento e asumindo o pago por estas propiedades.

Neste senso, censuran desde o Bloque que os ferroláns «asumamos a carga económica que supón manter un patrimonio abandonado e en ruína e ademais paguemos por elo», mentres o Estado non paga «un só euro» pola ocupación de máis do 20 % do solo urbano de Ferrol.

O BNG entende que esta decisión «demostra o sometemento do actual rexedor, como o anterior, aos ditámenes da administración estatal sen cuestionalos o máis mínimo» e sostén que o goberno local debería esixir a Defensa, e ao resto de administracións con propiedades abandonadas en Ferrol, que atendan as súas obrigas de conservación dos inmobles e parcelas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies