FERROL360 | Sábado 28 marzo 2015 | 12:22
Nunha asemblea aberta, o BNG de Ferrol aprobou este venres a candidatura coa que se presentará ás elección municipais de maio. Segundo os nacionalistas, trátase da candidatura máis representativa da sociedade local e «se caracteriza pola pluralidade e a renovación», xa que máis da métade dos seus integrantes non son militantes do Bloque.
Deste xeito, a candidatura conta cunha forte presenza de persoas que participaron no proceso de asembleas abertas impulsado polo BNG e que teñen participado en diversas reivindicacións sociais. Así, hai activistas na defensa dos dereitos sociais e laborais na nosa cidade, afectados polos retrasos sufridos no Bertón, polo estado de San Xoán, desempregadas, entre outros.
«Unha candidatura de homes e mulleres que é un reflexo da diversidade de persoas que loitan día a día por mudar a situación e enfrontar o noso futuro desde a nosa realidade», indica o Bloque nun comunicado. O primeiro tramo da candidatura o foi aprobado en novembro de 2014 e Iván Rivas foi elixido cabeza de lista. Siígueno: Eva Espiñeira, Xulio Rodríguez, Pilar Pazos e Bárbara Lamas.
Este venres aprobáronse os nomes que compoñen o segundo tramo e inclúe militantes do BNG e persoas independentes. Os elixidos foron os seguintes: Ramón Fernández (membro da Executiva Comarca da CIG); Luisa Sánchez (activista cultural); Roberto Montero traballador da industria auxiliar do naval e delegado sindical) e Laura Maroto (técnica de laboratorio).
Continúan a lista: Xián López (estudante); Antonia Martínez (Secretaria Comarcal da CIG ensino); Avelino Castro (activista veciñal); Dolores Prieto (mestra); Lois Sánchez (economista); Patricia Ibargüen (auxiliar de xeriatría); Antonio García (veciño do Bertón e delegado sindical en Distrigalicia); Celsa Garcia (mestra) eXoán Xosé Lourenzo (mestre no Manuel Masdías).
Pechan os últimos postos: Ana López (desempregada); Santiago Varela (profesor no CIFP Ferrolterra); Remedios Varela (xubilada e activista dos hortos urbanos); Vicente Fernández (traballador da UDC), Teresa Parada (xubilada); David Galdo (pintor e delegado sindical) e Alexandre García (biólogo e activista do ecoloxismo na cidade).